INAUGURACIÓN DA NOVA ADEGA "LAGAR DE CERVERA", EN FORNELOS, VILA DO ROSAL (PONTEVEDRA)



Aínda que pasaran varias semanas, quero deixar constancia no meu blog de todo un acontecemento na nosa vila e con repercusión no Baixo Miño e aínda en Galicia. Refírome á inauguración da nova adega Lagar de Cervera.


Data singular e ata providencial en que se conmemora o XXV aniversario da Rioja Alta S.A., nas Rías Baixas.


Magnífico edificio con fachada sobre columnas de granito, fronte ao local da antiga adega, nun fermoso e coidado entorno con xardíns, canizo galego, regato de auga, zona de arboreda...


Fixo a presentación e inauguración da obra nova, D. Guillermo de Aranzábal, presidente do grupo “La Rioja Alta, S.A.”

Na súa lectura explicou as características técnicas, funcionais e modernas, das novas instalacións, as novas hectáreas de viñedos adquiridas e outras inversións.


Aínda que brevemente, realizou unha reseña histórica da creación e a súa evolución ata o día de hoxe da nova adega Cervera.

Destacou a excepcional colaboración, “pieza clave en la permanente evolución de nuestra bodega gallega ha sido su director técnico, Ángel Suárez, que este año también cumple 25 años al frente de Lagar de Cervera”.


As diferentes autoridades, representantes de diversas bodegas, medios de comunicación e convidados, visitaron as novas instalacións, así como o novo comedor na adega vella. A nova adega foi bendicida polo crego D. Isaac Penela Carbajales.


Fago fincapé que, tanto nos folletos publicados con diversa e interesante información, así como na presentación da adega, aludiuse a un vello proxecto desta modélica empresa vitivinícola. Proxecto que xa se recordaba na publicación que se realizou no ano 2010, sobre unhas ruínas que e atopan no medio dos viñedos, en Sanoane (adega Lagar de Cervera). Este libro consta de 103 páxinas, ilustrado en branco e negro e a toda cor.


Na publicación titulada, a propósito deste evento, “Nueva bodega Lagar de Cervera”, da páxina 7, transcribimos: “Como circunstancia curiosa destacar que, en mitad de este viñedo se ubican las ruinas de una antigua ermita (Granja y Ermita de Sanoane). Nuestro objetivo a medio plazo, es, en colaboración con la Comunidad de Montes de San Miguel de Tabagón, rehabilitar estas ruinas del conjunto granja-capilla para su puesta en valor cultural y patrimonial y recuperar la romería que hace ya muchos años se desarrollaba en esta ermita”.



Rematada a interesante, curiosa e novidosa visita ás novas e vellas adegas, os convidados foron agasallados cunha comida, unha botella do seu exquisito viño e folletos informativos.