LUNS DA ROMARÍA DA FRANQUEIRA 2013 (A CAÑIZA)



Somos grandes devotos da Nosa Señora da Franqueira (ou Nosa Señora da Fonte), concello da Cañiza.


Temos asistido no santuario monacal do século XIII ás solemnes celebracións das Pascuíllas (Luns de Pascua) coa peregrinación de preto de 70 imaxes que chegan en procesión, dende as súas parroquias, e tamén á Festa do 8 de setembro (Nosa Señora).


Pero nunca estivemos na do luns, festa de setembro, o día 9. Día solemne este, pero de menor afluencia de romeiros e de certa tranquilidade, recollemento e manifestación relixiosa, quizais máis ordenada e íntima.


Na celebración do 8, domingo, como na do luns, 9, é tradicional, despois da Misa Solemne, contemplar a saída da Virxe (réplica da antiga imaxe do século VII) sobre o carro de bois (agora, carro de vacas), así como asistir aos bailes tradicionais (de arcos e cintas) e tamén á loita de espadas entre o mouro e o cristián, que vencido o mouro, segue encadeado na procesión e se ofrece á Virxe...



Rematada a procesión, comida de campo. Desta xornada velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica.