TAMUXE FOI HOMENAXEADO POLO CONCELLO DO ROSAL NA XXVIII FESTA DO CABAQUEIRO

Condecorado publicamente coa insignia do Concello e cun "Castelao" en recoñecemento "pola súa labor história e de investigación da cultura rosaleira"

EXPOSICIÓN DO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DOS MEDOS (CURRÁS, CONCELLO DE TOMIÑO)

Na imaxe, Tamuxe e Juan Ramón M. Barbosa diante do panel que informa do descubrimento de 1972 realizado polo Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño

PRESENTACIÓN DO TERCEIRO NÚMERO DE CASTELLUM TYDE NA ÁREA PANORÁMICA DE TUI

Na imaxe, Xoán M. Tamuxe na compaña do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e os historiadores, membros do Instituto, Xavier Añoveros e Marta Cendón

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE FOI O PREGOEIRO DA VI FESTA DO PERCEBE DE VILADESUSO (OIA)

O alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, -ex alumno de Tamuxe- foi o encargado de dar a benvida ao acto e presentar ao pregoeiro

PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO NÚMERO DA REVISTA CASTELLUM TYDE

Na imaxe, Xosé Carlos Valle Pérez, Xoán Martínez Tamuxe e Rafael Sánchez Bargiela

PRESENTACIÓN DO SEGUNDO NÚMERO DA REVISTA CASTELLUM TYDE

Na imaxe, algúns dos membros do Instituto de Estudios Tudenses, asistentes ao acto que se celebrou na Área Panorámica de Tui

TAMUXE, NA REUNIÓN PREVIA DA XXIV FESTA DO CABAQUEIRO 2011

Na imaxe, con membros da Directiva da Asociación Os Cabaqueiros, a concelleira de Cutura e os mestres telleiros

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE, PREGOEIRO DA XVI FESTA LUSO-GALAICA DEDICADA A O ROSAL

Na imaxe, Tamuxe coa súa dona, nos exteriores da Casa da Anta (Lanhelas-Portugal)

LUNS DA ROMARÍA DA FRANQUEIRA 2013 (A CAÑIZA)



Somos grandes devotos da Nosa Señora da Franqueira (ou Nosa Señora da Fonte), concello da Cañiza.


Temos asistido no santuario monacal do século XIII ás solemnes celebracións das Pascuíllas (Luns de Pascua) coa peregrinación de preto de 70 imaxes que chegan en procesión, dende as súas parroquias, e tamén á Festa do 8 de setembro (Nosa Señora).


Pero nunca estivemos na do luns, festa de setembro, o día 9. Día solemne este, pero de menor afluencia de romeiros e de certa tranquilidade, recollemento e manifestación relixiosa, quizais máis ordenada e íntima.


Na celebración do 8, domingo, como na do luns, 9, é tradicional, despois da Misa Solemne, contemplar a saída da Virxe (réplica da antiga imaxe do século VII) sobre o carro de bois (agora, carro de vacas), así como asistir aos bailes tradicionais (de arcos e cintas) e tamén á loita de espadas entre o mouro e o cristián, que vencido o mouro, segue encadeado na procesión e se ofrece á Virxe...



Rematada a procesión, comida de campo. Desta xornada velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica.

VISITA Á HISTÓRICA PONTE DE CERNADELA (MONDARIZ)



De volta da Xestosa, camiño da casa, quixemos contemplar novamente ese monumento do concello de Mondariz, pobo.

A estrutura actual, reforma do século XV, tanto pola súa situación clave na zona, como polos vestixios que se atoparon nas proximidades, cabe pensar ocupa o lugar doutra ponte máis antiga, sen dúbida, romana.


Cren varios historiadores, pola propia ponte e achádego de estelas anepígrafes e distinta cerámica romana, que pode tratarse de restos histórico-arqueolóxicos da posible vía romana, que cruzaba este concello, quizais fora a XVIII do itinerario de Antonio Pío, de Brácara a Astúrica.


Como patrimonio que é, atópase nunha fermosa paraxe fluvial, adecuada e perfectamente coidada. Ponte que une Mondariz e a parroquia de Riofrío.


A nosa sincera noraboa aos responsables do patrimonio histórico-monumental do concello de Mondariz.

A ROMARÍA DA XESTOSA NO CONCELLO DE COVELO



Hai poucas semanas, un ano máis, asistimos á multitudinaria, devota e popular romaría na súa antiga ermida, no límite dos Montes Faro de Avión.


Conta a tradición que nese lugar existiu un ermitorio nos primeiros séculos do Cristianismo. Un testemuño -cóntase- é o sepulcro antropomorfo que alí existe á beira do dito santuario.


Dise que nel foi sepultada a abadesa dese primitivo mosteiro. Hoxe en día, multitude de romeiros devotos, collen auga nesa tumba e lávanse onde teñen as doenzas.


Rematada a Santa Misa e a procesión, os asistentes espállanse polos arredores e disfrutan de comida campestre.


Desta celebración do 8 de setembro na honra de Nosa Señora ofrecemos esta pequena reportaxe fotográfica.