TAMUXE FOI HOMENAXEADO POLO CONCELLO DO ROSAL NA XXVIII FESTA DO CABAQUEIRO

Condecorado publicamente coa insignia do Concello e cun "Castelao" en recoñecemento "pola súa labor história e de investigación da cultura rosaleira"

EXPOSICIÓN DO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DOS MEDOS (CURRÁS, CONCELLO DE TOMIÑO)

Na imaxe, Tamuxe e Juan Ramón M. Barbosa diante do panel que informa do descubrimento de 1972 realizado polo Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño

PRESENTACIÓN DO TERCEIRO NÚMERO DE CASTELLUM TYDE NA ÁREA PANORÁMICA DE TUI

Na imaxe, Xoán M. Tamuxe na compaña do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e os historiadores, membros do Instituto, Xavier Añoveros e Marta Cendón

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE FOI O PREGOEIRO DA VI FESTA DO PERCEBE DE VILADESUSO (OIA)

O alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, -ex alumno de Tamuxe- foi o encargado de dar a benvida ao acto e presentar ao pregoeiro

PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO NÚMERO DA REVISTA CASTELLUM TYDE

Na imaxe, Xosé Carlos Valle Pérez, Xoán Martínez Tamuxe e Rafael Sánchez Bargiela

PRESENTACIÓN DO SEGUNDO NÚMERO DA REVISTA CASTELLUM TYDE

Na imaxe, algúns dos membros do Instituto de Estudios Tudenses, asistentes ao acto que se celebrou na Área Panorámica de Tui

TAMUXE, NA REUNIÓN PREVIA DA XXIV FESTA DO CABAQUEIRO 2011

Na imaxe, con membros da Directiva da Asociación Os Cabaqueiros, a concelleira de Cutura e os mestres telleiros

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE, PREGOEIRO DA XVI FESTA LUSO-GALAICA DEDICADA A O ROSAL

Na imaxe, Tamuxe coa súa dona, nos exteriores da Casa da Anta (Lanhelas-Portugal)

Novo libro: Memorial de la Granja y Ermita de Sanoane (S. Juan). Historia y tradición.

Portada do libro Memorial de la Granja y Ermita de Sanoane


Memorial de la Granja y Ermita de Sanoane (S. Juan). Historia y tradición. Este é o título dun dos últimos libros de Tamuxe, que leva un "A modo de presentación" de Charo Tabales Perozo, concelleira de Cultura do Rosal, así como a "Presentación y motivo", a cargo da adega Lagar de Fornelos. Por suposto, prólogo, da autoría de Joaquín Miguel Villa Álvarez, doutor en Historia Contemporánea e profesor do colexio dos PP Somascos de A Guarda. Este libro foi editado polo Concello do Rosal, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Lagar de Fornelos. Na dedicatoria lémbrase aos doutores e historiadores, M.I. D. Juan Domínguez Fontela e M. I. D. Jesús Gómez Sobrino, guardeses estudosos do Baixo Miño.


Nesta publicación, integrada por 103 páxinas, con máis dun cento de fotografías e debuxos, trátase da primeira cita histórica desta granxa con ermida, de San Xoán (Sanoane) no século XII, cando pertencía ao Mosteiro de Oia. Tamén da granxa rexida por un frade e posterior pertenza ao Hospital de San Marcos, da Guarda. Recóllese así mesmo a primeira cita do viño (un cultivo na Vila de Lordelo) no ano 1123, antes, por tanto, da fundación do Mosteiro de Oia, en 1137. Tamén se fai mención a esa zona mineira das Bornas, explotadas polos romanos no século III d. C. Lémbrase neste libro de Xoán Martínez Tamuxe a devoción e referencias de tradición e históricas á ermida de Santa María ou de Nosa Señora do Orto (San Miguel de Tabagón), así como que se dá a coñecer un apéndice documental das dúas ermidas aquí estudadas e os preitos existentes entre os abades de San Miguel e D. Antonio de Castro. R. Avalle, da nobreza galega (Nigrán).

Publicacións de Xoán Martínez Tamuxe

Entre as súas publicacións cómpre destacar:

-Vía romana “per loca marítima” por el Bajo Miño y Costa Atlántica (1975)
-Manifestaciones Rupestres en el Monte de Santa Tecla (1980)
-Citania y Museo Arqueológico de Santa Tecla (1983)
-Aportación al estudio de la típica esvástica del Alto Miño luso-galaico (1986)
-Antología (en colaboración con Xosé Carlos Gómez Alfaro, 1988)
-Contos de Manuel da Ventosela-edición crítica (1991)
-Nuestra Señora de la Salud: Historia, devoción y arte de San Juan de Tabagón (1993)
-Artístico Vía Crucis del Monte de Santa Tecla, obra del laureado escultor valenciano, Vicent Mengual (1994)
-La ermita de San Gregorio, su historia y tradicional feria-romería (1996)
-Parroquia de San Miguel de Vilasuso (en colaboración, 1996)
-D. Juan Domínguez Fontela, notable historiador e ilustre guardés (1998)
-Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal (1999)
-Parroquia de San Lorenzo de Salcidos: aproximación histórica (2001)
-O aceite en Galicia: guía das lagaretas castrexo-romanas, medievais e modernas (en colaboración, 2003)
-O Heraldo Guardés, a Imprenta Guttemberg e seu director José Darse (2004)
-Novos poemas de Manuel da Ventosela en galego e castelán (en colaboración, 2007)
-Memoria Histórica da capela da Madanela no Monte da Pedrada e vestixios dunha fortaleza (en colaboración, 2007)
-Santa Mariña de Baíña e o eremitorio de San Cosme (en colaboración, 2008)
-Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia (en colaboración, 2009)


-Memorial de la Granja y Ermita de Sanoane (S. Juan). Historia y Tradición (2010)
-Muíños do Porto en fervenza, patrimonio etnográfico de Vilameán-Tomiño (en colaboración, 2011)
-La Voz del Tecla, semanario guardés. I Centenario da súa fundación (1911-2011).

Xoán Martínez Tamuxe. Información de contacto

Enderezo:

Xoán Martínez Tamuxe

Rúa Jesús Noya, nº 1

C.P.: 36770

O Rosal (Pontevedra)


Correo electrónico:
xoantamuxe@hotmail.com


Teléfono:
986 62 53 12

Biografía de Xoán Martínez Tamuxe



Seudónimo de Juan Bautista Martínez González. (O Rosal, 29-XI-1930). Historiador, arqueólogo e investigador. Cursou estudios eclesiásticos nos Seminarios Menor de Tui (Filosofía) e Maior de Vigo (Teoloxía) que rematou en 1960.


En 1974 matricúlase na Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Historia. Secularizouse en 1975-76. En 1977 traballa como secretario da Cámara Agraria Local da vila do Rosal. Por concurso de méritos a Delegación Provincial de Cultura, nomeouno en 1979 Garda-Encargado do Conxunto Histórico de Santa Trega e Conservador do Museo Arqueolóxico.


Premio Literario I Certame Xornalístico da Cidade de Tui (1973). Foi correspondente e colaborador dos xornais El Pueblo Gallego, La Hoja del Lunes, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, A Peneira, etc., así como correspondente de Radio Popular de Vigo en Baiona.

Colaborador así mesmo das revistas do Museo de Pontevedra, Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui, Pontevedra Arqueolóxica, Pregón e Soberosum de Ponteareas, etc. Dende 1987 é o director do Boletín Informativo Municipal do Rosal, así como da colección Memoria da Festa do Cabaqueiro.


En 1996 a Agrupación Cultural Guardesa dedicoulle o Día das Letras Galegas en homenaxe a súa traxectoria histórico-literaria no Baixo Miño.


Exerceu como profesor en colexios e academias de Ponteareas, A Guarda e Baiona. Cofundador do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño (1968), do Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui (1974), da Biblioteca, Museo Etnográfico e Boletín Histórico Cultural do Concello do Rosal, así como do Instituto de Estudios de A Paradanta y Condado do Tea (2003).


É membro do Instituto Padre Sarmiento (Sección de Arqueoloxía) de Santiago de Compostela (1979), da Asociación Colegial de Escritores de España (1982), Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén de Pontevedra (1983), membro colaborador do Departamento de Prehistoria da Universidade de Santiago (1984).


Dende o ano 2007 é o presidente do Instituto de Estudios Tudenses.